martes, 17 de enero de 2017

Mesa Interinos, reforzos e prazas cubertas por interinos nas que cambiou a situación xurídica do titular

Hoxe tuvo lugar unha Mesa de traballo na que o único punto da orde de día era formular alegacións ao borrador da nova orde de interinos. o comenzo da mesa as nove da mañán a Subdirectora de persoal informounos:

Que as plazas cubertas por interinos nas que cambiou a situación xurídica do titular e que se poden cubrir por sustitución, lembremos que a Dirección Xeral nos dera unha lista de nove, pasaron onte a informe da asesoria xeral da Xunta para que se valore a legalidade de tal medida e para que non prosperen recursos dos afectados.

-Con respeto ós reforzos teñen a vontade de consolidar aqueles que leven mais de tres anos, esta consolidación se vai facer por fases durante todo o ano 2017 e atendendo as posibles consecuencias da sentencia que recoñece a nulidade dos ceses dos reforzos da Fiscalía da Coruña. Por ese motivo se van estudiar un por un pola Dirección Xeral e os seus servizos xurídicos.
 A modificación da orde de Substitucións negociarase despois da Orde de interinos

                           BORRADOR DA NOVA ORDE DE INTERINOS

Hoxe tódolos sindicatos, en vista do borrador que nos pasou a Dirección Xeral a semana pasada, fixemos alegacións orais artigo por artigo. A Administración colleu nota de todalas alegacións e a semana que ven, previa remisión por escrito de cada sindicato das alegacións feitas hoxe oralmente, nos pasará un novo borrador nas que figurarán aquelas alegacións que consideraron.

O seguinte paso é celebrar outra mesa onde se debata e se fagan alegacións sobre o novo borrador que a Dirección Xeral nos pase os Sidicatos. 
En breve vos pasaremos as alegacións feitas hoxe por este Sindicato e as melloras na redacción do borrador que reclamamos na Dirección Xeral e que pensamos van a redundar en beneficio do colectivo de interinos.