viernes, 20 de enero de 2017

ALEGACIÓNS STAJ: BORRADOR DA NOVA ORDE DE INTERINOS

Na Mesa Técnica do pasado martes 17 de xaneiro, STAJ como o resto de sindicatos presentamos alegacións ao borrador da nova Orden de Interinos que nos pasou a DXX. Nesa Mesa as alegacións foron orais e artigo por artigo, recollendo a Administración aquelas que lles interesaron para reflexalas nun novo borrador que nos pasarán os sindicatos a semana próxima e para que de novo volvamos a presentar novas alegacións ou novas propostas.

Desde STAJ fixeronse alegacións a moitos artigos, tanto novos por considerar que non aportan nada bo, como a outros que non se cambiaron e que consideramos se poden mellorar. Como sería moi longo exponer aquí todo artigo por artigo, deixámosvos un resumo xenérico do máis importante:
-Solicitamos que os nombramentos se fagan de novo polas Delegacións e non pola DXX.
-Cremos necesario que a Orde regule os porcentajes que determinan o numero de integrantes de cada bolsa e provincia, que non se regule na convocatoria.
-Que a bolsa non se prorrogue máis alo de un ano.
-Que certos integrantes das bolsas con discapacidade aporten periodicamente un certificado actualizado das aptitudes con respeto a suas funcions, cando estas persoas leven moito tempo traballando nun mesmo órgano xudicial.
-Nos opoñemos a que aqueles que aproben todolos examenes do seu Corpo poidan entrar na bolsa de traballo ainda despois de que se cerre o periodo de solicitudes, e decir calquer en momento da vixencia das bolsas, as bolsas deben permanecer co mesmo numero durante a súa vixencia e estas persoas poderan entrar coa nova convocatoria unha vez remata a vixencia da bolsa.
-Pedimos se puntue máis a experiencia, e decir os servizos prestados, tanto subindo a puntuación por mes traballado como subindo a puntuación total de ese merito.
-Tamen cremos necesario un maior puntuación do Galego, que conte como nos concursos de traslado.
-A licenciatura en dereito non debe contar 7 puntos para todolos corpos, propoñemos que para Tramitación e Auxilio conte moito menos.
-Para o resto de titulos universitarios o mesmo, que conte  máis para Xestión e menos para Tramitación e Auxilio.
-Propoñemos que o que non elixa a bolsa donde quere quedar, cando figura un máis dunha, se lle coloque pola Admnistración na bolsa que peor posición teña.
- Que os que esten na bolsa de Letrados da Admnistracion de Xustiza non poidan estar na bolsa de Xustiza e teñan que optar por unha ou por outra,
-Que o curso e o periodo de practicas sexa para os que nunca traballaron en Galicia ou traballasen menos de seis meses nos últimos 5 anos. Que non sexan eliminatorios.
-Que se tramiten con máis axilidad as suspensións e as exclusións.
-Os reforzos non deben superar os tres anos.
-Que non se pida informe medico os que tomen posesión noutra praza si non pasaron seis meses dende o cese anterior.
-Que se supriman os 18 meses para determinar quen cesa. Que se determine de forma clara que cesa primeiro o da bolsa de reserva ao da bolsa principal, si hay empate.
-Que o periodo mínimo para ir ao fondo da bolsa pase de 180 días  a un ano para que se poida cobrar paro.
-Que a falta grave non sexa motivo de cese, nin a desdotación presupuestaria.
-Que o que traballa pola bolsa antiga pase a seu posto na nova cando cesa e non pase o final dunha bolsa poa que ainda non traballou.