viernes, 2 de diciembre de 2016

STAJ GALICIA reitera o urxente incremento da plantilla no Xulgado mixto núm. 4 de Betanzos

Desde este sindicato non entendemos como aínda e despois das continuas protestas e escritos enviados á Dirección Xeral de Xustiza, continúe a desigualdade de persoal do xulgado mixto núm. 4 de Betanzos respecto ao resto dos Xulgados da localidade. 
Devandito xulgado conta con tan só un único funcionario do corpo de auxilio xudicial, e o resto de xulgados contan con dous auxilios xudiciais; este sindicato non entende dita discriminación que xa puxo no seu momento en coñecemento da DXX e novamente volvemos reiterar, pois a Administración non pode unilateralmente facer e desfacer o persoal dos xulgados ao seu antollo, creando á súa vez un conflito co resto de xulgados, pois son éstes os que teñen que substituír ao funcionario cando pida un permiso, cause baixa ou calquera outra circunstancia que lle impida acudir ao seu posto de traballo, atrasando así o xulgado de orixe e o de destino. 
Dita situación volveu novamente a suceder hai poucos días a DXX non resolveu a siuación ata pasado UN MES!!! nomeando un funcionario interino para suplir a baixa do titular. Por este motivo STAJ urxe a ampliación da plantilla nunha plaza de funcionario de auxilio xudicial no xulgado mixto núm. 4 de Betanzos, e mentres non se cubra poor o titular corrrespondente sea nomeado un reforzo do corpo de auxilio xudicial para dito xulgado.