jueves, 24 de noviembre de 2016

STAJ solicita unha nova tarxeta identificativa na que non figuren os nosos nomes, os apelidos e o DNI.

En escrito dirixido a Direccion Xeral, solicitamos que se expida unha nova tarxeta de identificación, donde no figure o nome e os apelidos nin o número do DNI, para os funcionarios dos Corpos de Auxilio e Xestión que deben sair fora da sede do xulgado ou servizo de notificacións a realizar actos de comunicación e execución, e por suposto se lles expida tamen ó resto de funcionarios/as que a soliciten.


Dentro das funcións do Corpo de Auxilio Xudicial atópanse a realización de notiicacións, citacións, emplazamentos e requerimentos fora da Sede Xudicial e acompañados do correspondente membro do Corpo de Xestión, en comisión Xudicial, deben realizar fora dos Xulgados embrgos, lanzamentos, precinto de vehículos, remoción de depósitos, posesións de bens inmobles, etc.
En tódalas funcións descritas cando se realizan fora da Sede Xudicial, os membros do Corpo de Auxilio e de Xestión no seu caso, poden ser requeridos polos interesados a mostrala identificación que os acredite como membos do corpo e como integrantes do Xulgado ou Servicio Común de Notificacións e Embargos correspondente.

Si ben é certo que tódolos integrantes da Administración de Xustiza en Galicia, titulares e interinos, posúen unha tarxeta identificativa que ademáis se usa para o control horario e para a solicitude de permisos e licenzas, creemos que esa tarxeta é mais adecuada para uso interno e non é válida para mostrar a identificación fora da sede xudicial, pois nela figuran o noso nome, os nosos apelidos e o noso número de D.N.I., o que choca frontalmente co disposto na Lei de Protección de Datos e ademáis crea unha sensación de inseguridade nos funcionarios, pois calquera pode acceder o seu nome completo e DNI.

A propia orden de 12 de setembro de 2012 crea un medio alternativo á tarxeta que utilizamos, para supostos excepcionais e por motivos de seguridade, trátase doutra tarxeta donde figurará a foto do titular, un código alfanumérico de identificación, o corpo o que se pertece e a unidade onde se presta servizos.
Velo escrito completo co selo de presentación