martes, 25 de octubre de 2016

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral

Como xa viñemos informando, o pasado venres tivo lugar na Egap a constitución do Comité de Seguridade e Saúde Laboral, que tantas veces este sindicato tiña solicitado.

Deixámosvos un resumo do acontecido e do que se acordou:

- Respecto das solicitudes de repousapes, a administración manifesta que ao longo do proximo ano 2017 procederase a dotación de forma xeneralizada para todos os funcionarios de xustiza de Galicia , comezando polos Xulgados dos pobos para despois estenderse a toda Cominidad.

- Respecto das cadeiras e a petición de STAJ que fai saber que as actuais provocan dores lumbares a tódolos traballadores ,a Administración manifesta que no seguinte prego de licitacións para a adquisición deste tipo de material, tendo en conta o alegado,  procederase ao cambio de modelo e posterior substitución de forma xeneralizada.

STAJ fai saber á Administración, a perentoria necesidade da elaboración dun protocolo fronte ao acoso laboral e a conveniencia que se faga neste ámbito da prevención ao entender que a valoración de comportamentos que poidan cualificarse de acoso, forma parte dos riscos psicosociais e por tanto, pódense chegar a evitar ou corrixir ao detectarse facendo a correspondente avaliación. A administración móstrase conforme e manifesta a súa vontade de someter a debate e estudo o correspondente borrador.

- O Xefe do servizo de prevención da xunta, informa de que aínda non finalizou a avaliación de riscos  de todos os edificios xudiciais de galicia pero das que xa están finalizadas mandarásenos copia e que iniciou un repaso das avaliacións de riscos mais antigas.

Por STAJ faise saber que, a pesar de realizar xa avaliacións de riscos dos edificio xudiciais de Santiago de Compostela, seguen os cables do edificio sito en Rua Viena, polo chan, que as portas dos arquivos non dispoñen dunha barra antipánico co risco que iso comporta para calquera persoa que se poida quedar encerrada posto que nos arquivos non se dispón tampouco de terminais telefónicos e os móbiles polo lugar en que están situados (sotanos do edificio) non teñen cobertura. Tamén se lle informa do perigo que pode ocasionar en caso de emerxencia, unha árbore, situado xusto fronte dunha das portas de emerxencia do edificio, comprometéndose a Administración á colocación das barras antipánico, que o tema dos cables era un problema de dificil solución porque se colocou en obra pensando nunha posición concreta de cada un dos postos de traballo.

- Tamén se lle pregunta polos arquivos dos Xulgados de Ribeira, manifestando respecto diso a Administración que se vai a adecentar a baixo cuberta e que se fará un estudo de forza para situar alli o arquivo.

- Non se nos diu ningún tipo de información respecto dos motivos que ocasionaron o inicio dunha avaliación de riscos psicosociais no Imelga da Coruña cuxa actuación concreta foi impugnada por STAJ ao considerar que non se estaba facendo da forma mais adecuada.

- Infórmasenos da dificultade coa que se atopan para implementar os plans de emerxencia e evacuación pois só puideron realizala na Audiencia de Lugo e que a pesar de que tentan dar formación aos funcionarios, non conseguen que estes se impliquen no proxecto. A este respecto STAJ fai saber á administración que se debe informar os sindicatos de todos eses proxectos para que estes á súa vez poidan informar a todos os compañeiros pero que a non implicación destes, non é causa suficiente, pois a administración debe á súa vez conseguir que se involucren no proxecto a través das instancias correspondentes, os Maxistrados, Xuíces, Fiscais e LAJ.

- Respecto dos Xulgados de Corcubión, a Administración pide ao xefe de Mantemento que lle remita un informe sobre a limpeza do tubo do aire acondicionado, asi como da caldeira que produce ruído e vibracións, comprometéndose ademais a mediar co Concello  por ser o dono do edificio, para o arranxo das filtracións de auga polas xanelas, humidades en paredes, e demais problemas derivados do uso da vivenda que se atopa na terceira planta.

- En cando ao edificio xudicial da Coruña, a Administración manifesta que se está valorando a posibilidade de que tanto o público como os funcionarios (que agora entran pola parte dereita do control policial) pasen a entrar pola esquerda, evitando asi acceder aos departamentos de atención á vítima e presentación de escritos sen pasar polo control. No edificio xudicial anexo da Coruña, procederase a colocar un  Scaner e vixiantes de seguridade.

- No edificio Xudicial de Noia, está prevista a reparación das xanelas no plan de obras menores do Concello.

- No edificio Xudicial de Padrón, están a valorar a posibilidade de crear mais espazo para que o caixón informático non se sitúe no arquivo do Rexistro Civil, pídese informe ao Xefe de mantemento para liquidar o problema de apertura involuntaria das xanelas, e que estudasen co concello a posibilidade de que se encargue da alarma.

- Respecto da entrada de auga pola xanela do Xulgado do Penal nº 1 de Santiago de Compostela pídese información ao Xefe de Mantemento quen manifesta ignorar o motivo dado que as xanelas están ben seladas polo que seguen facendo comprobacións para pescudar por onde se filtra a auga da cuberta.

- Respecto dos problemas alegados de Tui, a Administración manifesta que se está buscando un novo edificio para situar a tódolos Xulgados.

- Respecto ao Xulgado de Paz de Melide, a Administración comprométese a mediar co Alcalde para a apertura dunha porta cara ao baño.

- No tocante ao edificio do Xulgado de Paz de Ribadeo, a Xunta realizará as investigacións necesarias para confirmar que o edificio que o Alcalde propuxo, reúne as condicións idóneas entre outras, para a instalación do sistema informático.

- Respecto da sala de autopsias do Imelga de Santiago de Compostela, váiselle a dotar dunha mesa regulable que conta con extracción e iluminación, sendo competencia do hospital provincial a realización de todas as reparacións que fosen necesarias no lugar onde esta sala se atopa e que a única solución que pode buscar a Administración,  e outro lugar para a súa ubicación.