jueves, 29 de septiembre de 2016

A DXX recorta o tempo que concedía para acudir ás probas dos cursos de formación

A Dirección Xeral de Xustiza, sen previo aviso nin ós traballadores nin os seus representantes, de xeito unilateral cambia o criterio á hora de conceder os permisos para presentarse ós examenes dos cursos de formación da EGAP. Enterámosnos polas queixas que nos fixeron chegar varios compañeiros/as.

Ata onte, aínda que os exámenes fosen pola tarde, concedían o dia completo, dende onte solo concedénnos o  tempo necesario para  o desprazamento, se a proba é pola tarde, que adoita ser a partires das catro da tarde. A disculpa que nos dan, e que non se trata de exámenes finais, nin probas definitivas de aptitude, pois nestes casos a normativa recolle que se concederán os días das probas ou examen.

Dende a Dirección Xeral mandáronse instruccións ás Delegacións para que só se conceda o tempo necesario para a viaxe a Santiago, nós crémos que debe incluirse o tempo para a comida cando as probas sexan de tarde, e así llo fixemos saber.

Según nos explican debemos tratar a ausencia como unha incidencia no OPAX, dándolle así a categaria dunha ausencia parcial a xustificar co certificado de asistencia que nos dean na EGAP, no caso de que teñamos o destino lonxe de Santiago, según un criterio que solo a DXX coñece.

Si o destino e cerca, tamen según o seu criterio, non conceden horas , se non que como se pode salir antes cumplindo solo  o horario fixo, xa non necesitamos que nos concedan tempo ningún, e xa recuperaremos o horario flexible que non fixemos.