lunes, 1 de agosto de 2016

No Mercantil nº 2 de Pontevedra traballan a 36 graos.

Dende primeiros do mes de xullo no Xulgado do Mercantil nº 2 de Pontevedra están a vivir una situación de calor abafante, a patires das 12 horas os termometros empezan a subir e sobre as 14 horas alcanzan 35 ou 36 graos.

Os compañeiros/as vense obrigados a salir da oficina xudicial cada pouco tempo e unha vez refrescado o corpo voltar outro pouco a taballar.

STAJ denunciou tal situación a prensa,  que se fixo eco de esa tortura laboral a que os somete a Xunta de Galicia, e en concreto a Dirección Xeral de Xustiza e a Xefatura Territorial de esa Conselleria en Pontevedra, que son os responsables directos de poñer solucións, e que sendo coñecedores do problema dende fai tempo, porque a situacion non é nova, repitese ano tras ano, sen que se poña solución definitiva, que o noso entender pasa por un aparato fixo, anclado o teito, de aire acondicionado.

Si esto lles pasa a un Xuiz, a un Fiscal ou a un  Letrado, xa lle hubesen instalado non un, senon tres aparatos de aire acondicionado, con apenas queixarse un pouco.

Por certo tanto na sede da Dirección Xeral, como na sede en Pontevedra da Xefatura Territorial teñen aire acondicionado.

STAJ presentou, ademáis, unha denuncia ante a inspección de traballo, que está a tramitala por si se pudese determinarse unha infracción grave e impoñer algunha sanción.
Ver noticia completa no faro de vigo