Os funcionarios de Xustiza recibimos, ata hai uns meses, as nosas nóminas no correo electrónico corporativo a partires do
dia 26 ou 27 de cada mes, salvo algún retraso en algún mes concreto.
Pero eso mudou a partires do pasado mes de xaneiro,
dende entón as nóminas non chegan ata entrado o mes seguinte, por varias veces
dous ou tres días despois de comenzado o mes seguinte, cousa que no é de
recibo, no entendemos como pasamos, sen máis, a recibir a nomina catro ou cinco
días despois de xeito sistemático, e tampouco como non se nos diu explicación
algunha.
Constannos que o persoal que presta servizos no resto
das Administracions dependentes da Xunta de Galicia, seguen a recibila súa
nómina tres ou catro días antes de que remate o mes, polo que somos o único colectivo
a quen a nómina lle chega tarde.
Instamos ao CIXTEC que de xeito urxente arranxe os
problemas que puideran existir para que as nóminas dos funcionarios de Xustiza
cheguen o correo electrónico corporativo o día 26 ou 27 de cada mes, como se
viña facendo ata de agora.
Escrito enviado por fax o CIXTEC