lunes, 27 de junio de 2016

A Xunta vai rorganizar o espazo no edificiio xudicial de Ourense.

A Xunta de Galicia vai reorganizar o espazo dos servizos de atención ao público emprazados nos sotos do edificio xudicial de Ourense co fin de poder crear un corredor que facilite a comunicación entre a zona restrinxida e a común deste andar, actuación recollida no plan de obras menores nos edificios xudiciais para o ano 2016, que está a desenvolver a Consellería da Vicepresidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Atendendo á proposta do xuíz decano de Ourense, Leonardo Álvarez, e despois de consensualo co decano dos procuradores e debatelo cos representantes sindicais, STAJ estivo a favor desta proposta, a Dirección xeral de Xustiza decidiu que este corredor de comunicación atravesará o espazo que na actualidade se dedica á oficina de recepción de notificacións e traslado de escritos, xestionada polo Colexio de Procuradores, polo que esta oficina terá que ser trasladada á sala multiusos _coñecida como sala de vodas_ situada no exterior do edificio.

Na actualidade nos sotos do inmoble, concéntranse unha serie de servizos de atención ao público (Rexistro Civil, Oficina de atención e Información ao cidadán e a vítima e Xulgado de garda). As actuacións proxectadas permitirán una reorganización dos servizos que redundará nunha mellor atención aos cidadáns, ao mesmo tempo que facilitará o labor dos profesionais xudiciais. 

Ademais da apertura dun corredor de comunicación, dentro das previsións de obras menores en edificios xudiciais para este ano, cómpre subliñar que para o novo edificio xudicial está prevista a dotación dunha sala de Gesell para recibirlle declaración aos menores nun entorno idóneo, afastados da presenza de persoas estrañas e a instalación dun scanner que reforce o arco de seguridade do Xulgado de Garda.