martes, 3 de mayo de 2016

STAJ pide un protocolo frente o acoso laboral en Galicia

Fai uns días a Secretaria de  Estado de Justicia aprobou un Protocolo especifico frente o acoso laboral na Admón de Justicia, este Protocolo cuio ámbito territorial limitase ó xestionado polo Ministerio de Justicia, está baseado no Protocolo vixente na Administración Xeral do Estado, no que se introducen modificacións para adaptalo ás especialidades da nosa Administración.

Tal como xa anunciaramos, STAJ solicitou o pasado día  28 de abril, á Dirección Xeral o inicio urxente da negociación cos Sindicatos para chegar a un acordo que se plasme nun Protocolo para Administración de Xustiza en Galicia, que teña en conta as especialidades desta Administración, donde Xuices, Letrados da Admón de Xustiza e Fiscais non pertencen a mesma Administración ca nós, e donde estén involucrados os órganos competentes da Ministerio e do Consello Xeral do Poder Xudicial.

Temos que ter en conta que aínda que o acoso pode darse entre iguais,  e de subordinados frente a superiores, o normal é que se produza dos superiores frente a subordinados, e non temos un instrumento que garantice unha colaboracion entre as distintas Administracións competentes.

Tamén consideramos importante que se definan e se relacionen aquelas conductas que se consideran acoso, e aquelas outras que sendo similares non pasan do recollido na normativa como sanción disciplinaria.
Ver escrito