lunes, 30 de mayo de 2016

STAJ denuncia o imcumprimento pola DXX da normativa que regula as substitucións entre funcionarios

STAJ denuncia e reitera á Dirección Xeral de Xustiza, o imcumprimento da normativa en canto ó nomeamento de funcionarios interinos, e que se proceda a efectuar a ocupación de postos  de traballo consonte á normativa, en canto a vacantes de titulares que se atopen ausentes en períodos de longa duración.

STAJ advirte á D.X.X.  que ten que actuar consonte ás normas ditadas por ela mesma nas substitucións entre funcionarios, -Resolución de data 28 de novembro de 2013, selección e nomeamento de interinos, Resolución de 7 de de maio de 2008, pola que se regulan as substitucións entre funcionarios da Administración de Xustiza, e en concordancia coa Resolución do 20 de xaneiro de 2016 da Dirección Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza-.

Remitimos un escrito en data catro de abril de dous mil dezaseis, e ata o día de hoxe non obtivemos resposta algunha, e non constándonos que a Dirección Xeral de Xustiza, ditase ningunha instrución ou resolución, nin dispuxese medida  algunha sobre a petición déste sindicato, en canto ao nomeamento de interinos ocupando postos de traballo nos que os seus titulares se atopan ausentes en períodos de longa duración, como son as prazas vacantes de distintos liberados sindicais, os cales tomaron posesión dos seus postos e despois ditas prazas seguiron sendo cubertas polos mesmos interinos;  dado que segundo o estipulado no artigo 21 punto 1 da orde do 28 de novembro de dous mil trece sobre selección e nomeamento de interinos, deben ser ofrecidas ao persoal titular mediante substitución vertical ou horizontal, procedendose despois a nombrar novos interinos para os postos que os titulares en substitución deixen valeiros.

Escrito de data 25 de maio de 2016
Escrito día 4 de abril de 2016