jueves, 26 de mayo de 2016

Aclaracións a determinadas informacións sobre a Orde do horario para 2106

A DXX remitiu ao Consello Xeral do Poder Xudicial para informe, o borrador da Orde que  vai regular o calendario laboral e o horario para o ano 2016. A nova Orde non pode aplicarse ata que o Consello remita o seu informe.

O martes pasado nunha reunión na DXX, para aclarar dubidas que nos plantexaban os compañeiros, nos confirman que houbo un erro na interpretación, por parte dalgúns sindicatos, dun dos artículos desta resolución en concreto do siguiente:

Artigo 21.- Xornada intensiva do persoal funcionario.
Por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, os empregados públicos con fillos/as, descendentes ou persoas suxeitas á súa tutela ou acollemento de ata doce anos de idade poderán acollerse á modalidade de xornada intensiva desde o 1 de xuño e ata o 30 de setembro de cada ano. Este dereito poderase exercer tamén no ano en que o menor cumpra a idade de doce anos.

Nas notas informativas que se repartiron e publicaron por un Sindicato decíase, máis ou menos que “ este ano os/a funcionarios/as que tivesen nenos menores de 13 anos podían acollerse o horario de verán desde o 1 de xuño ao 30 de septembro”, basándose nunha interpreación errónea deste artigo 21, quizás ao relaciónalo co artigo que regula o horario reducido de verán, e que di:
Artigo 5.-Xornadas e horario de verán.

Durante o período comprendido entre o 16 de xuño e o 15 de setembro, ambos inclusive, establécese unha xornada intensiva de trinta e dúas horas e media semanais, con tempo fixo continuado de obrigada presenza de cinco horas e media, de luns a venres, entre as 8.30 e as 14.30 horas, e o resto, ata cumprir o total do tempo de traballo mensual que figura no anexo da presente orde, en horario flexible, que se poderá realizar de luns a venres entre as 8.00 e as 9.00 horas e entre as 14.00 e as 17.30 horas.
A verdade é que a redacción do artigo 21 non é moi afortunada. Por unha banda, porque na administración de xustiza xa temos todos xornada intensiva, na DXX din que é algo para que quede para o futuro, no caso de que se instaure a Nova Oficina Xudcial, donde podía traballarse a xornada partida en algún destinos, e co gallo de darlle os afectados a oportunidade de facer xornada intensiva durante os tres meses do verán, eso sí traballando as mesmas horas cos demáis, no artigo 21 non fala de 32 horas e media semanais.

Por outro lado tampouco era necesario regular algo que de momento non existe na Administracion de Xustiza, como é a xornada partida. Ademàis tampouco entendemos que no artigo 5 que regula o horario de verán se fale “dunha xornada intensiva de trinta e dúas horas e media”, pois a xornada intensiva témola no horario de verán e no de inverno, a palabra “ intensiva” sobra.
Cremos que o erro pode vir de relacionar un artigo co outro, ao falar en ámbolos preceptos de “xornada intensa”, ainda que o artigo 5 fala de 32 horas e media o artigo 21 non limita a xornada semanal polo hai que entender que son 37 horas e media semanais no periodo que non coincide co horario de verán(de 1 a 15 de xuño e de 16 a 30 de setembro)
Tamén teñen culpa as ansias desmedidas dalgúns de querer ser os primeiros en anunciar as novidades, sen ter a cautela de contrastar a información.
O CASO É QUE NO ARTIGO 21 DA ORDE DO HORARIO DESTE ANO NON SE RECOÑECE TAL DEREITO, É A DXX, SEGÚN NOS DI, NONO VAI A CONCEDER, NIN SEQUERA DESPOIS DE APROBADO O HORARIO POLO CONSELLO.