jueves, 21 de abril de 2016

Permiso retribuido por presentación ás probas de acceso á función pública.

A fin de semana que ven celébranse  as probas  de promoción interna para o acceso ós Corpos de Xestion e Tramitación. Segundo a normativa que regula as vacacións, permisos e licenzas temos dereito a un permiso retribuido que acolle o día de examen e os días necesarios para o viaxe, cando as probas teñan lugar fóra da Comunidade galega.

Neste caso, os que vos presentedes as probas de tramitación o sábado 23, podedes pedir o venres, para o viaxe de ida, e os que vos presentedes as probas de Xestión o domingo 24 podedes pedir o luns para o viaxe de volta.

Lembrade solicitar na sede do examen e presentar na Delegación correspondente os seguintes xustificantes: 

-Documento acreditativo da asistencia á proba de aptitude, ao exame final ou á proba de acceso ou ingreso á función pública, no cal conste o lugar, a data e mais o centro de realización das ditas probas. 

-Acreditación da viaxe o día anterior e posterior, no caso de ter lugar a proba fóra da Comunidade Autónoma de Galicia. 

- Prazo para a presentación da xustificación: Non máis de quince días dende o remate do permiso.