miércoles, 27 de mayo de 2015

Xuizo en Santiago para a recuperación dos "canosos".

Onte tivo lugar  no Xulgado do Contencioso número 2 de Santiago o xuizo para recuperar os días de vacacións e asuntos propios por antigüidade cos que contabamos en xullo  do ano 2012, cando nos foron arrebatados polo Goberno de Rajoy.

A demanda foi presentada por unha afiliada de STAJ a titulo persoal, e fundamentada en que eses dias son dereitos consolidados e polo tanto o R.D. Ley 20/2012 no nos pode suprimir, en todo caso prohibirá que se xeren máis días, pero os recoñecidos deben quedar para toda a vida laboral dos empregdos públicos.

Existen sentenzas no País Vaco que recoñecen o dereito a disfrutar deses días a persoal do Goberno Vasco, pero no colectivo da Xustiza aínda non se consegueu nengunha resolución xudicial favorable. Fai uns meses a primeira demanda presentada neste senso en Galicia, tamén por unha afiliada deste Sindicato, foi desesestimada en Vigo baseandose nunha Directiva europea e cunha fundamentación muy pobre. Por iso seguímolo intentando en Santiago e en outras localidades galegas, cremos que é posible lograr unha resolución estimatoria.

Nuns días dictarase sentenza que publicaremos integra no noso blog, sexa boa ou mala.